Hello, Sisters! Workshops

Imatge
Àmbits Temàtics
Àmbits de Treball

{Fomentamos a visibilización das mulleres nas TIC}

Hello, Sisters! é unha iniciativa para defender a visibilización das mulleres no sector tecnolóxico. Na actualidade, a participación das mulleres e persoas non binarias nos eventos técnicos locais e nacionais é moi baixa, e nada representativa da diversidade de profesionais existente nas TIC. Porén, tamén existe unha tendencia a que os postos de traballo estritamente técnicos e de responsabilidade non estean cubertos por profesionais diversos; causando un problema de visibilidade. Tendo en conta que "non se pode ser o que non se ve", en Hello, Sisters! defendemos a visibilización de futuras profesionais no sector técnico.

Hello, Sisters! Workshops é unha nova iniciativa que consiste en aprender xuntas traballando nunha mesma idea ou temática. Entre todas aprendemos sobre un tema novo e creamos un proxecto real documentando o proceso. Despois presentamos o traballo ao resto das nosas compañeiras! Os temas poden ser moi diversos: dende ML ou NLP, ata testing pasando por boas prácticas de programación.

Aprende

A mellor forma de aprender algo é poñéndose mans á obra e creando un proxecto. E moito mellor é coa axuda das compañeiras en Hello, Sisters! Pensa nunha temática, comeza a buscar e documentar, leva a idea ao código e presenta o resultado ao resto do grupo.

Mellora as túas habilidades como enxeñeira!

De cero a heroína

Tanto se queres comezar a aprender algo dende o principio ou continuar a túa formación nalgún tema, nos obradoiros de Hello, Sisters! podes aprender canto e como queiras. Dende cero ata heroína do código!

Para todos os niveis!

Pásao ben

O obxectivo principal desta iniciativa é pasalo ben. Mentres aprendes e investigas coas túas compañeiras vas desfrutar dunha experiencia incrible e coñecer outras mulleres fantásticas do ámbito das TIC.

Divírtete!